viernes, 25 de junio de 2010

lunes, 7 de junio de 2010

AS NOSAS PROPIAS SOMBRAS

CONCURSO MASCOTA DA BIBLIOTECA



Dende a biblioteca organizouse un concurso de debuxo da mascota para dita biblioteca. A participación era voluntaria e cos traballos presentados fíxose unha pequena exposición para posteriormente facer votación entre todos e escoller a mascota que representará a nosa biblioteca e os seus espazos.
Finalmente resultou gañador TOBI debuxado por Lidia. ¡Noraboa!

lunes, 24 de mayo de 2010

SOMBRAS CHINESCAS

Tamén se pode aproveitar ou empregar a luz para facer teatro: un teatro de sombras. Temos que explicar ós nenos que non se pode proxectar a luz directamente ó público porque dana os ollos.
Preparamos os materiais que se van a utilizar que poden ser títeres de pao, cartulinas coa forma desexada facendo o oco de ollos, nariz, boca, vaciando características da cartulina ou material no que se faga para que resulte máis visible no espectáculo.

Para o espectáculo de luces precísase ademais una luz potente (pode ser un proxector), unha tea branca e títeres ou siluetas.
Recórtanse as siluetas e miramos a posición na que hai que colocar as figuras e que proben a colocalas en diferentes puntos vendo os diferentes efectos que dan.
Vemos tamén como varía o tamaño da silueta en función da distancia á que se coloca a silueta ou marioneta da fonte de luz, etc.
Con isto todo estaría listo para o noso teatro de sombras. Poderíamos improvisar, narra un texto, aprendelo despois de contar a historia ou narralo coas nosas propias palabras e… ¡a disfrutar do espectáculo!

A VISTA ANTE A LUZ

Para este experimento precisamos varios espellos de man. Os nenos deben fixarse na súa pupila (círculo negro que hai dentro do ollo). Tápanse os ollos durante aproximadamente un minuto e cando os abren volven mirar a pupila.

¡A PUPILA É MÁIS GRANDE!
Na escuridade a pupila ábrese porque o ollo precisa que entre luz para poder ver.

REFRACCIÓN

O que se vai a investigar nesta ocasión é o que lle pasa a luz cando pasa a través da auga. Necesitamos polo tanto uns vasos con auga ata pouco máis da metade e metemos unha pintura ou lapis longos dentro. Parecen que están rotos. Miramos dende diferentes ángulos e comprobamos que a pintura en realidade non está rota.
REFRACCIÓN: A luz desvíase ó pasar do aire á auga, refráctase.