lunes, 24 de mayo de 2010

SOMBRAS CHINESCAS

Tamén se pode aproveitar ou empregar a luz para facer teatro: un teatro de sombras. Temos que explicar ós nenos que non se pode proxectar a luz directamente ó público porque dana os ollos.
Preparamos os materiais que se van a utilizar que poden ser títeres de pao, cartulinas coa forma desexada facendo o oco de ollos, nariz, boca, vaciando características da cartulina ou material no que se faga para que resulte máis visible no espectáculo.

Para o espectáculo de luces precísase ademais una luz potente (pode ser un proxector), unha tea branca e títeres ou siluetas.
Recórtanse as siluetas e miramos a posición na que hai que colocar as figuras e que proben a colocalas en diferentes puntos vendo os diferentes efectos que dan.
Vemos tamén como varía o tamaño da silueta en función da distancia á que se coloca a silueta ou marioneta da fonte de luz, etc.
Con isto todo estaría listo para o noso teatro de sombras. Poderíamos improvisar, narra un texto, aprendelo despois de contar a historia ou narralo coas nosas propias palabras e… ¡a disfrutar do espectáculo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario