jueves, 28 de enero de 2010

EXPERIENCIAS DE AULA (animais)

Para introducirnos no tema dos animais temos que partir sempre dos coñecementos previos e dos intereses dos alumnos e para iso aproveitamos a asamblea.

O obxectivo de arranque será incentivar o interés do grupo (dende o comezo do proxecto e a súa presentación ata a consecución e finalización do mesmo).


A motivación é o motor inicial do proxecto que xurdiu a partir da dopción dunha mascota como membro da clase á que, entre todos, puxemos o nome de Lupita.


Recorremos tamén a outra serie de recursos que introduciron ó tema como descubir que na clase, no recanto de construcción máis concretamente, había una caixa repleta de animais que ordeadamente fomos levando á asamblea e dos que falamos.




Outra posibilidade de traballo cos animais e, que ademais favorece a lecto-escritura e a aprendizaxe constructivista é a búsqueda de información en internet sobre os distintos animais: fotografías, clasificación, alimentación…

Nunha das primeiras sesión pedín ós nenos que debuxasen o animal que quixesen e colocámolo na clase co cal nos introducimos máis no tema e ambientamos o noso lugar de traballo habitual.

Así, outra das actividades que fixemos na clase en relación a este proxecto “O mundo dos animais” foi buscar debuxos de animais que se nos ocorresen (acuáticos, terrestres, aéreos) e fixemos un mural onde se aprecia dita clasificación.




Como complemento desta actividade acudimos á aula de PT onde a especialista ten nas paredes uns murais relacionados con este tema. Así vimos que animais son aves/ mamíferos e cales domésticos ou salvaxes.



Neste outro mural podían ver distintos animais e cando entraba a luz pola fiestra podíase ver no seu interior o esqueleto dos que o tiñan, que nos serviu posteriorment para facer unha ficha do caderno.


Pero os nenos son moi observadores e non só nós buscamos ou propiciamos situacións de aprendizaxe buscando os animais senón que podemos velos mesmo pola fiestra da clase como neste caso que observamos un paxaro no alto da árbore.


Falando dos animais terrestres cantamos a famosa canción “Había una vez un barquiño pequechiño…” e aprendemos unha nova “ Un barquito de cáscara de nuez, adornado con velas de papel se hizo hoy a la mar para lejos llevar…” polo que, seguindo ademais o que decía a canción, aproveitamos a facer “barquiños de cáscara de noz”.

- Materiais: ½ cáscara de noz por persoa, 1 palillo, 1 anaco de cartulina que fai de vela, plastilina, lapis, pegamento ou celo, témperas e pincéis.
- Explicación: Límpase ben a cáscara da noz, cúbrese con plastilina, faise a vela coa cartulina recórtase e pégase ó palillo e pónselle o nome. Situamos a vela no barco e finalmente píntase.

Tamén na clase aproveitamos o recurso das TIC para a prendizaxe e temos xogos interactivos con multitude de posibilidades tanto para traballar números como letras e nos que aparecen animais. Vexamos aquí un exemplo:



Dende o recanto da biblioteca que temos na clase e como incentivador da lectura para os nenos levamos a cabo unha nova actividade: a creación e invención dun conto por parte de tódolos membros da clase a través das técnicas de Rodari. Dita técnica escollida consiste en que eu, como mestra, iniciei o conto e os nenos foron participando sucesiva e progresivamente con nova achegas, creando así un conto entre todos.
Para a invención do mesmo collemos un cordón que iba pasando de man en man mentres cada neno aportaba algo á historia. Quedando finalmente o que se ve no conto. Finalmente cortamos a corda en anacos dando a cada neno a parte que lle correspondía que gardarían para unha nova actividade posterior.

O resultado do conto foi o seguinte:


Outra actividade que fixemos foi a de realizar un móbil con figuras de animais feitas por nós mesmos. Collemos pasta automoldeable e démoslle a forma que queríamos. Deixamos secar e finalmente pintamos tanto as figuras como o cartón dos rollos de papel hixiénico cos que construímos os nosos móbiles que colocamos pola clase. Este traballo axúda ós nenos a desenrolar a motricidade fina e é unha tarefa que lles gusta moito e os motiva.



Durante algunas das sesións tratamos contos relacionados co tema ou seguindo asf ichas do caderno demos lugar a investigación sobre diferentes animais. Pero todo isto non sería posible sen a colaboración dos familiares que aportaron diferentes materiais: contos, cantajuegos, cd´s con documentais, libros de consulta e incluso trípticos informativos… que facilitaron a labor e enriqueceron os recursos disponibles na nosa aula.












No hay comentarios:

Publicar un comentario