domingo, 11 de abril de 2010

A COR DA AUGA

Pregúntaselles ós nenos se saben de que cor é a auga favorecendo así un clima de debate a través das súas respostas e rexistramos as mesmas. Facemos o reconto das respostas que deron os nenos e anotámolo.
Realizamos seguidamente o seguinte experimento: Cada neno encargado dilúe un pouco de témpera dunha cor en auga, en vasos transparentes e axítaa ou revolve (pódense empregar vasos transparentes desechables ou botes de cristal de maionesa, tomate, mel… Tamén deixamos un vaso sen votar nel a témpera.
Comparamos os resultados dos vasos coa auga teñida co vaso de auga pura para plantexar as preguntas: ¿de que cor é a auga?, ¿Cómo que? (como o cristal, transparente, por exemplo).
Se os nenos insisten en que a cor da auga é branca podemos comparar o vaso de auga con un vaso de letie, e veremos claramente a diferenza.

Alternativas:
- Xogar a mirar a través de trozos de celofán. Recortar cadrados de diferentes cores, incluindo o transparente, e repartilos ós nenos, que miran a través deles para ver que observan (co papel transparente as cousas vence igual). Miramos a través dun vaso con auga e comparamos ambas situacións.
- Gotas de auga: votar unha gota de auga en papeles de diferentes calidades (cartulina, folio, papel de seda, charol…). Deixamos secar e observamos se quedou huella doutra cor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario