lunes, 10 de mayo de 2010

MOVEMENTO DA AUGA


Indagamos sobre se se move a auga e cando pasa iso. Os nenos debateron sobre a cuestión: ¿Cando se move a auga?

N- Só cando se colle
P,J- Cando nos bañamos
I- Cando lle damos coa man.
P- Cando bebes auga móvese no vaso.
Cando enchemos o vaso de auga e vamos para o sitio bébela e está moi lonxe móvese.
P- Cnaod pasamos a auga da xarra para o vaso móvese.
I- E tamén a move o aire.
W- Cando regamos a planta.
I- Cando fai moito frío na Praia "avanéase".
P- ¡Fai ondas se sopro!

E continuamos a reflexión con preguntas como: ¿Como cae a auga?¿que fai falla para que se mova? ¿Pódese mover ela soa? E tratamos de chegar a conclusións.
Para comprobalo xogamos a facer “olas”, ondas, cascadas, salpicar, deixar caer gotas… e empregamos materiais como embudo, contagotas e coador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario